enzimoterapia

enzimoterapia

(< enzima + terapia)

s f [MED]

Tratamento dalgunhas enfermidades mediante enzimas de orixe animal, como a pepsina, a pancreatina ou a tripsina; de orixe vexetal, como a bromelaína; ou fúnxica, como a celulase ou a lactase. Existen dous tipos de enzimoterapia, a de reforzo, que axuda á acción propia dos enzimas naturais dixestivos, e a supletoria, que suple unha carencia.