enzimático -ca
enzimático -ca
(< enzima)
-
adx
Relativo ou pertencente ao enzima.
-
actividade enzimática
[BIOQ]
Número de moléculas de substrato transformadas por minuto por unha molécula de enzima en condicións óptimas. A actividade enzimática é controlada polos cambios do pH, pola actividade doutro enzima, pola concentración de cofactores esenciais e pola retroalimentación dos produtos finais da reacción levada a cabo polo enzima.