enzimoloxía
enzimoloxía
(< enzima + -loxía)
s
f
[BIOQ]
Rama da bioquímica que estudia os enzimas, concretamente a cinética enzimática, os mecanismos de regulación, a compartimentación celular e, no organismo, a súa composición, identificación e purificación química, a especificidade polo substrato e pola reacción, e a súa clasificación. Como todas as reaccións bioquímicas están catalizadas por enzimas, a enzimoloxía converteuse nunha ciencia auxiliar moi dinámica, con múltiples aplicacións tanto médicas como industriais. Tamén se emprega a análise enzimolóxica para estudar a evolución bioquímica dentro dos filos e a diferenciación das poboacións de seres vivos.