excentricidade

excentricidade

(< excéntrico)

  1. s f

    Calidade de excéntrico.

    Confrontacións: extravagancia.
  2. s f

    Feito propio dunha persoa excéntrica.

    Confrontacións: extravagancia.
  3. s f [MAT]

    Nunha cónica, razón entre a distancia de calquera dos seus puntos ao foco e a distancia perpendicular deste punto á directriz. Represéntase coa letra e. Na hipérbole é sempre e>1, na parábola e=1 e na elipse, e<1. Cando e=0 a elipse xera unha circunferencia.

  4. s f [FÍS]

    Distancia do centro dun corpo ao eixe arredor da que xira.

Palabras veciñas

Excelsior | excelsitude | excelso -sa | excentricidade | excéntrico -ca | excepción | excepción