externalidade

externalidade

(

  1. s f [ECON]

    Termo da economía ambiental que explica cómo a actividade dunha persoa ou empresa repercute sobre o benestar doutra ou sobre a súa función de produción, sen que se poida cobrar un prezo por ela. As externalidades son de dúas clases: externalidade negativa, cando as repercusións son negativas, e externalidade positiva, cando as repercusións son beneficiosas para a sociedade.

  2. s f [ECON]

    Concepto económico que cobre aqueles custos e beneficios atribuíbles a unha actividade económica e que non están incluídos no prezo dos bens ou servicios reproducidos.

  3. s f pl [ECON]

    Conxunto dos factores alleos a unha actividade produtiva que inflúen de xeito determinante na súa evolución.

  4. s f pl [ECON]

    Beneficios ou custos sociais que se derivan da realización dunha actividade privada e que non son contabilizados nesta.

Palabras veciñas

exterminar | exterminio | externado | externalidade | externalismo | externo -na | exteroceptivo -va