externo -na
externo -na
(< lat externu)
-
adx
Que está ou actúa no exterior.
Ex: É un medicamento de uso externo.
-
adx
Que é perceptible polos sentidos.
Ex: Os signos externos do seu sufrimento provocaban a compaixón da familia.
-
adx e s
Aplícase á persoa que non vive ou dorme no lugar onde traballa ou estudia, especialmente o alumno que só permanece no colexio ou escola nas horas de clase.
-
s
m
[INFORM]
Periférico ou dispositivo que non está instalado dentro da caixa dun ordenador.