exteroceptivo -va
exteroceptivo -va
-
adx
Relativo ou pertencente ás áreas de distribución dos órganos receptores.
-
sensibilidade exteroceptiva
[FISIOL]
Conxunto de sensacións que se recollen por medio das terminacións nerviosas situadas na periferia (pel e mucosas) e que actúan como receptores sensitivos. Pode ser xeral (sensacións táctiles, de presión, dor ou temperatura) ou especial (sensacións auditivas, visuais e olfactivas).