1 falla
(< lat v *fallĭa ‘defecto’)
-
s
f
Feito de carecer de algo que se precisa.
Ex: A falla de chuvias provocou a escaseza de auga.
Sinónimos: carencia, falta. -
s
f
Feito de non estar presente unha persoa ou cousa no lugar que lle corresponde.
Ex: Notouse a falla de moitos veciños na reunión.
Sinónimos: falta. -
s
f
Defecto de algo ou alguén.
Ex: As pezas non poden ter ningunha falla.
Sinónimos: falta, imperfección. -
s
f
[XEOG]
Discontinuidade ou fractura entre dous bloques de rocha na codia terrestre, a partir da que se desprazaron en paralelo ou un respecto do outro por mor de presións tectónicas. Nunha falla distínguense: o plano de falla, sobre o que se efectúa o desprazamento; a liña de falla, que é a liña de contacto entre os dous bloques sobre a superficie; o espello de falla, que é a porción do plano de falla que queda ao descuberto por riba da liña de falla; e os labios de falla, que son as superficies do antigo bloque separadas pola falla (un erguido e outro afundido). Pola súa dirección, fálase de falla directa e de falla inversa, na que o plano de falla está inclinado na dirección do bloque levantado.
Frases feitas
-
Á falla/falta de loc prep En caso de carecer de algo.
-
Botar en falla/ falta. Estrañar algo ou a alguén.
-
Facer falla/falta. Necesitar algo.