carencia

carencia

(< lat carentĭa‘carestía’)

  1. s f

    Circunstancia de non ter ou faltar algunha cousa que se expresa.

    Ex: As colleitas levantinas deste ano non son moi boas debido á carencia de auga. A carencia de medios económicos non impediu que realizasen a xira.

    Sinónimos: falta, insuficiencia. Confrontacións: escaseza.
  2. s f [BOT]

    Perturbación do metabolismo mineral da planta sometida á insuficiencia dalgún dos elementos fundamentais, como nitróxeno, potasio, magnesio ou fósforo.

  3. carencia afectiva [PSIC]

    Ausencia ou insuficiencia de afecto cara ao neno pequeno, especialmente antes do cuarto ano de vida, por parte da nai ou do substituto materno.

  4. enfermidade por carencia [PAT]

    Afección provocada pola insuficiencia ou pola ausencia no organismo de elementos nutritivos indispensables, especialmente vitaminas (avitaminose). Pode estar provocada por unha subministración insuficiente de alimentos, por unha absorción intestinal deficiente ou por causas semellantes.

  5. función da carencia [LIT]

    Función número VIII incluída dentro das funcións narrativas establecidas por Vladimir Propp en 1928. Alude á falta dalgún elemento que afecta aos protagonistas dos contos marabillosos rusos e adoita aparecer no inicio do relato. É imprescindible no desenvolvemento do argumento e na configuración do conto, pois todos os acontecementos e situacións deben suplir esa carencia e restablecer o estado de equilibrio e felicidade inicial dos personaxes.

  6. período de carencia [ECON]

    Lapso de tempo cotizado nos seguros para poder ser beneficiario dunha prestación determinada, durante o cal o asegurado aínda non ten dereito a recibir a devandita prestación, especialmente se é económica.

Frases feitas

  • Levar un a carena. Realizar un traballo pesado.

Palabras veciñas

carenado -da | carenadoiro | carenar | carencia | careño | carente | Careón, serra do