fantasía
(< lat phantasĭa < gr ϕαντασία‘ostentación’)
-
Semanario literario editado co selo da Delegación Nacional de Prensa e Propaganda, dirixida por Juan Aparicio. O seu obxectivo principal era divulgar a creación e invención poéticas, malia que tamén estaba aberta a outro tipo de xéneros literarios. Dividiuse en diferentes subseccións, e estas á súa vez en temas, co que se pretendía estruturar unha publicación na que tiveran cabida os máis destacados creadores da posguerra, entre outros, Gerardo Diego, Leopoldo Panero, José G. Nieto, Ricardo Molina e Vicente Gaos.
-
s
f
Capacidade da mente para inventar cousas e personaxes que non existen na realidade.
Sinónimos: imaxinación. -
s
f
Cousa ou personaxe creado pola imaxinación dunha persoa pero que non ten existencia real.
Sinónimos: imaxinación. -
s
f
[MÚS]
-
Peza instrumental de estrutura libre orixinada no s XVI. En Inglaterra denominouse fancy e en España tiento. Nun principio, era unha improvisación sobre un tema dado e posteriormente perdeu o seu carácter imitativo e temático e converteuse nunha forma musical libre. J. S. Bach considerouna un gran preludio.
-
FRAS: De fantasía. De imitación.
Obra musical en que un se abandona á fantasía ou imaxinación, sen aterse a unhas determinadas normas.
-
Frases feitas
-
De fantasía. De imitación. Ex: Levaba xoias de fantasía.