feito -ta
(< lat factu)
-
Liñaxe que leva por armas, faixado de ouro e azul e resaltado dun pau de prata.
-
p irreg
de facer ou facerse.
-
adx
-
Que chegou á madureza ou ao punto debido.
Ex: Gústanlle as mazás feitas. Come o peixe pouco feito.
-
Que acadou un desenvolvemento completo.
Ex: Co novo que é xa ten o corpo feito. Está un mozo feito.
-
Que está rematado. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Comida feita, compaña desfeita. Logo é feito o que é ben feito”.
Ex: Se deixas os deberes feitos poderás ir xogar.
-
-
adx
-
Que é bonito, guapo ou agradable.
Ex: Éche un neno moi feito.
-
Que está ben ou mal proporcionado, especialmente unha persoa, un animal ou algunha parte do seu corpo. OBS: Emprégase cos adxectivos ben ou mal.
Ex: A vaca máis ben feita gañou o premio. Ten un corpo mal feito e ningunha roupa lle senta ben.
-
-
adx
Que resulta ou é xeitoso ou adecuado.
Ex: Mercou un vestido moi feito. Tenche un terreo moi ben feito para construír a casa.
-
adx
Que algo ou alguén é semellante ou se converteu no que se expresa a seguir.
Ex: Estaban feitos uns lacazáns.
-
adx
Que unha cantidade é como se expresa. OBS: Emprégase cos adxectivos ben ou mal para indicar que esta cantidade é maior ou menor, respectivamente, do que se expresa.
Ex: Vendéronlle cinco quilos de sardiñas ben feitos. Fixo unha tega de trigo mal feita.
-
s
m
-
Acción ou acto que se fai ou se fixo. Na tradición oral recóllense ditos como: “A cruz nos peitos e o diaño nos feitos. A mal feito, rogo e peito. Feito malo, ao corazón e ao corpo fai dano. Moita lingua e poucos feitos. O ben feito ben parece. O feito non ten remedio, e o por facer pide consello. Ao feito, brazo e peito. Ao feito non lle agrada o por facer. Ao feito, remedio; e ao por facer, consello. Os feitos son os mellores pregoeiros. Palabras sen feito, gaita sen punteiro. Para o feito non hai pleito”.
Ex: Máis valen feitos ca palabras. Non te arrepintas do feito, que obraches ben.
Sinónimos: feita, feita. -
Fazaña heroica.
Ex: Gustábanlle os relatos épicos polos feitos gloriosos que relataba.
-
-
s
m
-
Cousa que se produce ou que se produciu.
Ex: Os feitos que se comentan nese libro aconteceron na realidade.
-
[FILOS]
Estado das cousas no que a súa propia existencia fai verdadeira a proposición. Xeralmente, distínguense o feito da ilusión ou aparencia e o do fenómeno, aínda que ás veces feito e fenómeno poden ser entendidos como sinónimos. Na medida en que as ciencias poden ser positivas, os feitos son precisamente o seu obxecto propio. Dentro da filosofía establécense os feitos como principio do que é verdade. G. W. Leibniz opuxo a verdade de feito á verdade de razón, de igual modo que I. Kant opuxo os xuízos a priori aos xuízos a posteriori.
-
-
s
m
Situación ou circunstancia que acompaña ou rodea a algo ou alguén.
Ex: A súa conferencia versou sobre o feito diferencial galego. O feito de cantar élle alleo.
-
s
m
Xogo das escondidas.
-
s
m
[DER]
-
Caso sobre o que se litiga ou que é motivo dunha causa.
-
de feito
Expresión que indica que nunha causa se atende aos acontecementos consumados e non ao dereito aplicado
-
feito imputable
Presuposto xurídico determinado pola lei para configurar o importe de cada tributo.
-
feito xurídico
Acontecemento natural ou humano capaz de producir efectos xuridícos
-
feito probado
Feito que como tal se declara nunha sentenza dos tribunais de instancia e que serve de base para as apreciacións xurídicas en casación.
-
feito punible
Acción ou omisión dolosa ou culposa penada pola lei.
-
Frases feitas
-
2 Aplícase á persoa cabal ou á cousa que se fixo como se debía.
-
A feito/de a feito Que se fai todo seguido, sen deixar nada atrás ou sen escoller. Ex: Segaron a herba a feito. Colle os tomates de a feito, aínda que estean verdes.
-
Feito e dereito 1 Completamente desenvolvido.
-
De a feito Segundo o costume.
-
De feito. En realidade. Ex: É máis vello do que parece, de feito pasa dos sesenta anos.
-
Meu dito meu feito Que se fai tan pronto como se di.
-
Perdoar o feito e o por facer Ser indulxente en exceso, mesmo cando non se debe.