glioxal

glioxal
Nome científico: [etanodial: OHC-CHO]
s m [QUÍM]

Po delicuescente ou líquido, incoloro, soluble en auga con punto de fusión 15°C e punto de ebulición 51°C. Obtense a partir do acetaldehido por oxidación con ácido nítrico ou dióxido de selenio. Por acción do hidróxido sódico transfórmase en ácido glioxálico. Emprégase para insolubilizar amidóns, produtos celulósicos e proteínas e tamén para curtir pel e embalsamar.