glioxisoma
glioxisoma
s
m
[BIOL]
Peroxisoma que inclúe os enzimas do ciclo do glioxilato (ciclo de Krebs modificado). Existen só nalgúns microorganismos, algas e plantas superiores en rexións de rápido consumo de lípidos. Como nas sementes que, durante a xerminación, permiten a transformación mediante este ciclo dos lípidos en glícidos.