glioxílico, ácido
glioxílico, ácido
Nome científico:
[ácido formilfórmico: OHC-COOH]
[QUÍM]
Oxoácido que se desenvolve nas follas verdes e na acelga. Obtense ao quentar o ácido dibromoacético, con auga, ou por redución electrolítica do ácido oxálico. Condénsase coa urea e dá alantoína; por redución, dá ácido glicólico.