glíptica
glíptica
(< grγλυπτική ‘técnica de gravación’)
s
f
[ARTE]
Arte de gravar as pedras duras e preciosas. Nace da necesidade de selar un obxecto. As pedras traballábanse á man ou coa axuda dun buril. As figuras, deseñadas por medio da punta dun diamante, eran fendidas ou pulidas con ostracita e con óso de sepia. No Oriente antigo foi unha técnica moi apreciada e en Occidente foi empregada polos minoicos, etruscos e gregos. Na época romana acadou o esplendor na época de Augusto coa obra de Dioscórides de Exeo, autor da Gemma Augustea. Os carolinxios e os bizantinos continuaron a tradición que culminou durante o Renacemento e rexurdiu no s XVIII.