honesto -ta

honesto -ta

(< lat honestu)

  1. adx

    Que actúa conforme ao que esixe o deber e a probidade, sen enganar os demais, ou que é propio destas persoas.

    Ex: Encomendoulle o caso a un dos investigadores máis honestos da cidade. O artigo presentaba unha crítica honesta da catástrofe.

  2. adx

    Que é conforme ao que esixe o pudor, a decencia ou os bos costumes, ou que é propio destas persoas.

    Ex: Interpretaba o papel dunha moza honesta. No seu vestir e falar mostraba unha conduta pouco honesta.

    Sinónimos: decente. Antónimos: indecente.

Palabras veciñas

hondureño -ña | Honecker, Erich | honestidade | honesto -ta | Hong Kong | Honkenya | Honolulu