ideal
(< lat ideāle)
-
adx
Relativo ou pertencente á idea.
-
adx
Que só existe no pensamento.
Ex: Vive nun mundo ideal que non se corresponde coa realidade cotiá.
Confrontacións: irreal. -
adx
-
Que responde a un arquetipo ou a un concepto perfecto.
Ex: O cadro segue os modelos ideais do barroco.
-
Que reúne as mellores calidades posibles ou que é o mellor na súa liña.
Ex: O val ten un clima ideal para cultivar kiwis. Casou co marido ideal.
-
- s m
-
s
m pl
Conxunto de ideas, valores ou crenzas que ten unha persoa ou grupo.
Ex: Os seus ideais impídenlle aceptar ese cargo. É de ideais progresistas.
Confrontacións: idea, idea. -
[MAT]
-
Subconxunto I dun anel A que cumpre estas dúas condicións: I é un subgrupo de A respecto á adición; e para calquera elemento a ∈ I e b ∈ A, a x b ∈ I e b x a ∈ I. Os subconxuntos que conteñen nada máis que o elemento neutro da adición e todo o anel A son ideais impropios, e todos os outros son ideais propios.
-
ideal maximal dun anel
Dado un anel A, ideal que, na sucesión ordenada por inclusión dos ideais de A diferentes de A, é maximal, é dicir, ideal tal que non hai ningún outro que o que contén estritamente.
-
ideal primeiro dun anel
Dado un anel conmutativo e unitario A, ideal I tal que, para toda parella (x, y) de elementos de A, se xy ∈ I entón x ∈ I ou y ∈ I.
-
-
ideal transcendental
Ente sen base empírica e racionalmente indemostrable, pero esixido pola razón como prototipo do xuízo e da acción e como único principio explicativo da existencia.