ideal

ideal

(< lat ideāle)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á idea.

  2. adx

    Que só existe no pensamento.

    Ex: Vive nun mundo ideal que non se corresponde coa realidade cotiá.

    Confrontacións: irreal.
  3. adx
    1. Que responde a un arquetipo ou a un concepto perfecto.

      Ex: O cadro segue os modelos ideais do barroco.

    2. Que reúne as mellores calidades posibles ou que é o mellor na súa liña.

      Ex: O val ten un clima ideal para cultivar kiwis. Casou co marido ideal.

  4. s m
    1. Modelo ou representación perfecta de algo que se pode tomar como patrón.

      Ex: O ideal de beleza do Barroco era distinto ó noso.

      Confrontacións: canon, prototipo.
    2. Aquilo ao que se aspira por consideralo o mellor.

      Ex: O ideal sería que fosemos todos xuntos de viaxe.

  5. s m pl

    Conxunto de ideas, valores ou crenzas que ten unha persoa ou grupo.

    Ex: Os seus ideais impídenlle aceptar ese cargo. É de ideais progresistas.

    Confrontacións: idea, idea.
  6. [MAT]
    1. Subconxunto I dun anel A que cumpre estas dúas condicións: I é un subgrupo de A respecto á adición; e para calquera elemento a ∈ I e b ∈ A, a x b ∈ I e b x a ∈ I. Os subconxuntos que conteñen nada máis que o elemento neutro da adición e todo o anel A son ideais impropios, e todos os outros son ideais propios.

    2. ideal maximal dun anel

      Dado un anel A, ideal que, na sucesión ordenada por inclusión dos ideais de A diferentes de A, é maximal, é dicir, ideal tal que non hai ningún outro que o que contén estritamente.

    3. ideal primeiro dun anel

      Dado un anel conmutativo e unitario A, ideal I tal que, para toda parella (x, y) de elementos de A, se xy ∈ I entón x ∈ I ou y ∈ I.

  7. ideal transcendental

    Ente sen base empírica e racionalmente indemostrable, pero esixido pola razón como prototipo do xuízo e da acción e como único principio explicativo da existencia.