idea

idea

(< lat idea < gr ἰδέα ‘forma, aparencia’)

  1. s f [FILOS]
    1. Representación intelectual dunha cousa, entendida como o acto ou obxecto do pensamento. Segundo as diferentes concepcións gnoseolóxicas, as ideas son interpretadas como correspondentes á esencia mesma das cousas, como simples nomes que designan un número indefinido de cousas, ou como representacións totalmente sensibles. Mentres que para R. Descartes existían tres tipos de ideas: as adventicias, que proveñen do exterior; as innatas, coas que nacemos; e as facticias, que son ou ben unha suma das anteriores ou ben froito da imaxinación; I. Kant distinguiu entre a idea, en sentido tradicional, e a denominada idea transcendental da razón, ou modo de determinar nun contido obxectivo a esixencia da razón humana de sobrepasar a experiencia sensible, fenoménica e condicionada. Con elementos psicolóxicos, as ideas son estudiadas pola ideoxenia, a psicoloxía experimental e a psiquiatría. Desde esta perspectiva distínguese entre a idea delirante, crenza falsa de base patolóxica, e a idea fixa de natureza obsesiva.

    2. Termo lóxico, interpretado a miúdo como unha realidade ontolóxica, que se corresponde á idea como concepto. Entre as diversas interpretacións filosóficas destacan a de Platón, que considerou as ideas realidades independentes supramundanas, e a de G. W. F. Hegel, que as entendeu como as unidades absolutas do concepto.

  2. s f

    Coñecemento ou concepción fundamental de algo.

    Ex: Con estas facturas pódeste facer idea do que custa construír unha casa. Tiñan a idea de que por este camiño atallaban. 

  3. s f

    Propósito ou intención de facer algo.

    Ex: A miña idea é que pasemos as vacacións na praia. 

  4. s f

    Plan para a realización de algo.

    Ex: Non me gusta a idea de converter o parque nun aparcadoiro. 

    Confrontacións: proxecto.
  5. s f

    Pensamento ou dito espontáneo.

    Ex: A ver con qué idea nos vén agora. 

    Sinónimos: ocorrencia.
  6. s f

    Opinión ou crenza que se ten sobre algo ou alguén.

    Ex: Segundo a súa idea, todos temos os mesmos dereitos. Ten unha idea equivocada da miña irmá. 

    Sinónimos: xuízo. Confrontacións: imaxe.
  7. s f

    Habilidade ou disposición para facer algo.

    Ex: Ten moita idea para a carpintería. 

  8. s f

    Parte fundamental dunha doutrina.

    Ex: Resumiunos as ideas principais do platonismo. 

  9. s f

    Conxunto de opinións e crenzas, políticas ou relixiosas, dunha persoa ou dun grupo.

    Ex: As súas ideas son de esquerdas.

    Confrontacións: ideal.

Frases feitas

  • Darse unha idea. Saber ou coñecer algo. Ex: Non te dás idea do que tardei en descargar o camión.

  • Levar/Ter idea 1 Ter propósito ou ilusión por facer algo. Ex: Lévalle idea ir de viaxe por Marrocos.

  • Para a miña idea. Na miña opinión. Ex: Para a miña idea as mellores filloas son as da pedra.

  • 2 Ter capacidade ou habilidade para algo. Ex: Non lle levan idea os estudios.

  • Mala idea. Mala intención. Ex: Algúen puxo alí a pedra con mala idea.

Palabras veciñas

Idalio/Idalia | Idas | idea | idea | Idea Moderna, La | Idea,La | ideación