Idea,La
Idea,La
[PUBLIC]
Periódico de tendencia caciquil, seguidor de Riestra, editado en Redondela a partir de 1902. Cesou a súa edición en decembro de 1917. Subtitulouse “Semanario independiente” e estivo dirixido por Buenhijo Pérez Sobrino. No apartado literario incluíu poemas, diálogos onde se analizan temas municipais, e recensións da revista Vida Gallega. En 1918 puido comezar unha segunda etapa.