Infantas

Infantas
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae, en campo de ouro, tres faixas de goles. Outras variantes levan: en campo de ouro, un león sostendo coas gadoupas dianteiras unha cruz latina, posta en pao, todo de goles; en campo de ouro, cinco aguias de sable, colocadas en aspa; escudo cuarteado en cruz: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de ouro, cun crecente de azul, e segundo e terceiro cuarteis, en campo de prata, cunha aguia de sable.

Palabras veciñas

infando -da | infantado | Infantado, duque de | Infantas | infante -ta | infantería | Infantes