infantería
(
-
s
f
[BÉL]
Arma combatente que tradicionalmente vai a pé e forma o núcleo principal do exército de terra. Historicamente as primeiras forzas de infantería foron, entre outras, os hoplitas e a lexión romana. Durante a Idade Media existiron importantes tropas de infantería como os arqueiros ingleses e os almogávares. Durante a Segunda Guerra Mundial xeneralizouse a infantería motorizada (en camións), mecanizada ou acoirazada (en vehículos blindados). A profusión das armas automáticas e a guerra nuclear impuxéronlle unha gran mobilidade.
-
infantería de mariña
[BÉL]
Conxunto de tropas que forman parte da Armada e reciben adestramento para efectuar desembarcos, ademais de prestar servicio en navíos e arsenais. Na monarquía hispánica contituíuse en 1537 e foi organizada por Filipe II. Experimentou unha profunda reorganización en 1717, coa formación do Cuerpo de Batallones de Marina. Despois da Primeira Guerra Mundial perdeu relevancia, pero trala creación do Grupo Especial Anfibio (1957), recuperou o carácter de forza de desembarco.
-
infantería lixeira
[BÉL]
Conxunto de tropas equipadas con armamento lixeiro, que efectúan servicios de descuberta, avanzada e guerrillas.