Infantes
Infantes
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Celanova. As súas armas traen escudo partido e medio cortado; primeira partición, en campo de azul, con dez roeis de ouro; segunda partición, no alto, en campo de ouro, con catro faixas de goles, e no baixo, en campo de sinople, cunha torre de pedra con cachotería de sable, ameada, coa súa homenaxe, sobre unha rocha. Outra variante leva, en campo de ouro, un carballo de sinople, resaltado o tronco dun xabaril, de sable.