Letrán, Concilio IV de

Letrán, Concilio IV de

Duodécimo concilio ecuménico, convocado por Inocencio III en 1215. Tratou da futura cruzada (a quinta, en 1217) e favoreceu a Cruzada Albixense. Confirmou a decisión do Concilio de Montpellier de desposuír a Ramón IV das súas terras de Languedoc, redactou unha fórmula de fe onde aparece a palabra transubstanciación, estableceu a obrigatoriedade da confesión anual e da comuñón pascual, condenou as doutrinas de Xoaquín de Fiore e recoñeceu no patriarcado de Constantinopla o primeiro lugar despois de Roma.