Letrán, Pactos de

Letrán, Pactos de

Acordos diplomáticos entre o Reino de Italia e o Estado do Vaticano asinados o 11 de febreiro de 1929 por Mussolini e o secretario de Estado, o cardeal Gasparri, polo que se puña fin ao conflito entre a Italia unificada e os Estados Pontificios, desaparecidos de feito coa ocupación de Roma en 1870. Comprendían tres documentos: un tratado político que recoñecía o Estado do Vaticano; o concordato que recoñecía a Igrexa católica como oficial do estado italiano, as escolas confesionais e as subvencións dos cregos, entre outras medidas; e o libramento dunha cantidade en efectivo, 750 millóns de liras, e outros 100 millóns en títulos do estado, en concepto de reparacións polas requisicións e os prexuízos causados coa ocupación de Roma en 1870.