Letrán, Concilio V de

Letrán, Concilio V de

Décimo oitavo concilio ecúmenico, celebrado entre 1512 e 1517, convocado por Xulio II fronte a un sínodo cismático reunido en Pisa por Luís XII de Francia e continuado por León X. Ratificou o concordato con Francisco I de Francia, estableceu a superioridade do papa sobre o concilio e definiu a doutrina da inmortalidade da alma.