Letras e das Artes de Galicia, Premio das

Letras e das Artes de Galicia, Premio das

Premio concedido pola Xunta de Galicia co que se pretende recoñecer e recompensar os méritos daqueles que pola súa actividade no ámbito das letras e das artes engrandeceron e afirmaron os valores culturais de Galicia. Recibírono Antón Fraguas (1995), Xosé Filgueira Valverde (1996), Domingo García-Sabell (1997), Francisco Fernández del Riego (1998), Luís Tobío (1999), Pura Vázquez (2000), Francisco Xavier Río Barja (2001), Xosé López Calo (2002) e Isaac Díaz Pardo (2003).

Palabras veciñas

Letrán, Concilio IV de | Letrán, Concilio V de | Letrán, Pactos de | Letras e das Artes de Galicia, Premio das | Letras portuguesas | Letras y Deportes | letreiro