Lugo

Lugo
[PUBLIC]

Revista editada polo Centro Lucense en Bos Aires a partir de 1943. Cesou en xuño de 1980, e foi substituída por Mundo Gallego. Apareceu baixo distintos subtítulos, e en 1960 converteuse en “Vocero del Centro Lucense de Buenos Aires”. Foi mensual ata 1974, en que apareceu cada dous meses. Incluíu noticias e historia de Lugo pero tamén información política, económica e social de América e Galicia. Dirixida por Díaz Trigo, Antonio Mª Fernández ou Xosé Cobelo, contou coa colaboración de destacados escritores e debuxantes galegos.

Palabras veciñas

Lugo | Lugo | Lugo | Lugo | Lugo Agrario | Lugo, Antonio | Lugo, casa do concello de