Luxemburgo

Luxemburgo

Provincia situda ao SL de Bélxica (4.440 km2; 246.820 h [estim 2000]). A capital é Arlon. Está regada principalmente polos ríos Semois e Ourthe, e o clima é continental rigoroso. A poboación atópase dispersa. Os principais recursos da rexión son a gandería bovina e a explotación forestal. Nos vales cultívanse froiteiras. Posúe minas de ferro, que dan lugar a tres aglomeracións mineiras e siderúrxicas importantes: Athus, Musson e Halanzy.

Palabras veciñas

Luxemburg, Rosa | Luxemburgo | Luxemburgo | Luxemburgo | Luxemburgo | Luxemburgo | luxemburgués -sa