marxinal
(< marxe)
-
-
adx
Relativo ou pertencente á marxe.
-
adx
Que está á marxe dun escrito ou dun impreso.
Ex: Teño unha anotación marxinal no traballo que lle presentei ó profesor de ciencias.
-
adx
Que é secundario ou accesorio.
Ex: A pesar de que era marxinal, ó final tivemos que facer o traballo.
-
adx e s
Que ou quen se afasta das leis da sociedade en que vive.
Ex: As persoas marxinais non respectan as normas establecidas. Un grupo de marxinais provocou disturbios na rúa.
-
adx
-
[ECON]
-
adx
Aplícase á unidade de produción, en competencia perfecta, en que o custo e o prezo de venda dos produtos son iguais, é dicir, que non hai beneficios.
-
eficacia marxinal
Incremento do beneficio que os inversores esperan obter da aplicación dunha unidade máis do capital investido. Este concepto, introducido por J. M Keynes, non é fácil de determinar pola dificultade que supón considerar illadamente unha unidade de capital.
-
adx
-
adx
[ENTOM]
Aplícase á zona ou bordo externo das ás dos insectos, a máis alonxada do tórax.