odeón

odeón

(

s m [HIST/ARQUIT]

Teatro de dimensións reducidas que, na antiga Grecia, era destinado ás audicións musicais. Arquitectonicamente repetía a forma do teatro grego clásico, pero adquiría un desenvolvemento vertical máis notable e ofrecía, na escena, unhas dimensións máis reducidas. En Atenas, Pericles ordenou construír un arredor de 422 a C e Herodes Ático fixo construír outro ao pé da Acrópole. Algúns estaban cubertos, como o de Gortina, Éfeso, Epidauro, Patras e Pompeia.

Palabras veciñas

Òdena | Odense | Odenwald | odeón | Oder | Oder-Neisse, liña do | Oderisi da Gubbio