Oder-Neisse, liña do
Oder-Neisse, liña do
Fronteira entre Alemaña e Polonia determinada polas potencias aliadas ao final da Segunda Guerra Mundial, pola que se transferiu a Polonia unha extensa sección de territorio alemán. Rematada a guerra, o exército soviético ocupou todas as terras situadas ao L da liña do Oder-Neisse e a súa administración foi transferida ás autoridades do goberno provisional de Polonia. Este asunto converteuse nun dos temas principais da Guerra Fría en Europa, e non foi resolto ata que en 1970 a República Federal Alemá recoñeceu a liña do Oder-Neisse como a lexítima e inviolable fronteira con Polonia.