Órbigo, ponte de
Órbigo, ponte de
Construción situada sobre o río Órbigo que une as localidades de Puente de Órbigo e Hospital de Órbigo (León). Situada á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago, construíuse no s XIII. Ten dezanove arcos. Foi o escenario do Paso Honroso, organizado por Suero de Quiñones no s XV.