partisano -na

partisano -na

(< ital partigiano)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos partisanos.

  2. s [HIST]

    Militante dun grupo civil organizado para a loita armada clandestina contra un exército de ocupación ou contra a autoridade constituída e que utiliza a técnica da guerrilla. O termo aplícase sobre todo aos que loitaron nos movementos de resistencia contra as forzas do Eixe na Segunda Guerra Mundial (1939-1945). O movemento de guerrillas antifranquistas activo entre 1939 e 1964 coñeceuse co nome de maquis.