partir

partir

(

  1. v t

    Facer anacos dun todo.

    Ex: Os canteiros partiron toda a pedra nun día.

    Confrontacións: cortar.
  2. v t

    Cortar ou separar un anaco de algo.

    Ex: Partiu un anaco de torta e comeuno.

    Sinónimos: partillar.
  3. v t [MAT]

    Realizar unha división.

  4. v t

    Repartir algo entre varios.

    Ex: Partiron o capital paterno. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Os sobriños aínda non partiron.

    Sinónimos: departir.
  5. v t

    Romper algo.

    Ex: Partiu un brazo. O temporal partiu as árbores.

  6. v i

    Dividirse en dúas ou máis partes.

    Ex: A mesa non puido co peso e partiu.

  7. v i

    Marchar dun lugar.

    Ex: O autobús partiu de madrugada.

    Sinónimos: saír.
  8. v i

    Tomar algunha cousa como base dun razoamento. OBS: Vai seguido da preposición de.

    Ex: Os problemas partiron do seu mal carácter.

Frases feitas

  • A partir de loc prep Desde o punto que se indica.

Conxugar
VERBO partir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parto
partes
parte
partimos
partides
parten
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
partía
partías
partía
partiamos
partiades
partían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
partín
partiches
partiu
partimos
partistes
partiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
partira
partiras
partira
partiramos
partirades
partiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
partirei
partirás
partirá
partiremos
partiredes
partirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
partiría
partirías
partiría
partiriamos
partiriades
partirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parta
partas
parta
partamos
partades
partan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
partise
partises
partise
partisemos
partisedes
partisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
partir
partires
partir
partirmos
partirdes
partiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
parte
-
-
partide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
partir
partires
partir
partirmos
partirdes
partiren
Xerundio partindo
Participio partido
partida
partidos
partidas