cortar

cortar

(

  1. v t
    1. Facer unha fenda nun obxecto cun instrumento con gume.

      Ex: Cortou as verduras para a ensalada.

      Sinónimos: tallar.
    2. Separar cun obxecto afiado algo que forma parte dun todo.

      Ex: Cortou un anaco de queixo e merendou con el.

    3. Separar cun obxecto cortante a parte aérea dunha árbore das raíces.

      Ex: A xente cortou o castiñeiro para queimar no inverno.

      Sinónimos: tallar.
    4. Eliminar cun obxecto con gume a parte que sobra de algo.

      Ex: Sempre corta o pelo na mesma perruquería.

  2. v t

    Ocasionar unha ferida co gume dun obxecto a alguén.

    Ex: Un irmán cortou o outro nunha man.

  3. v t
    1. Sacar un anaco dun material cunha forma concreta e precisa.

      Ex: Os nenos cortaron na escola as figuras da primeira lección.

      Sinónimos: recortar.
    2. Dar a forma necesaria coas tesoiras a un tecido co que se vai confeccionar unha peza de roupa.

      Ex: Corta un pouco máis ese vestido se queres que se che axuste ben ó corpo.

      Sinónimos: recortar.
  4. v t

    Separar un corpo en movemento un líquido ou un gas creando unha perturbación aparente.

    Ex: A xente miraba como o barco cortaba a auga.

  5. v t

    Separar a baralla en dúas partes asimétricas para acabar de desconxuntar as cartas do mesmo pao.

    Ex: Ó neno gústalle moito cortar a baralla. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Dou eu e corta ti.

  6. v t

    Producir un axente, especialmente o frío intenso, unha lesión na pel.

    Ex: O frío cortoulles os beizos.

  7. v t

    Atravesar algo en dúas partes separándoas.

    Ex: O sistema montañoso corta a rexión en dúas metades.

    Sinónimos: partir.
  8. v t
    1. Impedir que algo continúe ou se propague.

      Ex: Cortaron o mal de raíz. Cortaron o lume para que non pasase para o outro lado da estrada.

      Sinónimos: atallar, deter.
    2. Facer que cese o paso ou a saída de algo ou a comunicación entre dúas cousas.

      Ex: Cortáronlles a luz e a auga ós veciños sen avisar. Os médicos cortan a hemorraxia cun apósito. A rúa estaba cortada por obras. As tropas inimigas cortáronlle o paso.

      Sinónimos: interromper.
  9. v t

    Interromper a alguén que estaba falando ou algo que se estaba desenvolvendo ou executando.

    Ex: Sempre o corta cando está dicindo o máis interesante. Os organizadores cortaron a conferencia antes da hora. Cortaron a relación porque non se entendían.

  10. v t

    Eliminar determinadas partes dunha obra por culpa da censura.

    Ex: Nas ditaduras cortan moitas obras.

    Sinónimos: censurar.
  11. v t

    Aparecer sólidos, como produto da aglutinación ou precipitación, nunha disolución polo cambio nas condicións desta.

    Ex: O limón corta o leite.

  12. v t

    Quedar ou deixar a alguén sen saber qué dicir ou facer por mor dunha turbación.

    Ex: Quedou cortado cando viu os seus pais na festa. O que lle dixo cortouno e xa non lle soubo contestar.

  13. v t

    Engadirlle un líquido a outro para rebaixar o seu sabor.

    Ex: Corta o café porque lle é moi forte.

  14. v t [MAT]

    Compartir un punto común dúas liñas ou unha liña dúas superficies.

  15. v t [INFORM]

    Eliminar material do documento que se está editando para colocalo noutra parte dese documento, noutro documento ou simplemente para borralo.

  16. v i

    Posuír bo ou mal gume un obxecto para facer cortes.

    Ex: Hai que afiar as tesoiras que xa non cortan.

  17. v i

    Dirixirse a un lugar determinado polo camiño máis curto.

    Ex: Se cortas pola dereita chegas antes.

    Sinónimos: atallar.
  18. v pron

    Ferirse cun obxecto cortante.

    Ex: Cortouse nunha perna e non puido ir de vacacións.

  19. v pron

    Interromperse unha comunicación.

    Ex: Non me puido dicir o máis importante porque se cortou o teléfono.

  20. v pron

    Cuartearse a pel por mor dun axente, especialmente o frío.

    Ex: Cortóuselle a cara co frío.

  21. v pron

    Crearse sólidos nunha disolución pola alteración das súas condicións.

  22. v pron

    Mostrarse alguén turbado e sen saber cómo reaccionar.

    Ex: Ó ver tanta xente cortouse.

  23. v pron [MAT]

    Cruzarse dúas liñas nun punto ou nunha liña dúas superficies.

Frases feitas

  • Afeita que corta. Aplícase ao vento frío que corta os beizos ou a cara.

  • (Ir un frío) que corta. (Ir) moito frío.

  • 2 Aplícase a quen sente cólera ou furor con facilidade.

  • 2 Aplícase a un aparello cortante cando non corta.

  • Corta o que ve e deixa o que atopa. 1 Ser un fantoche.

  • Cortar as pedras. Conmover.

  • Cortar o bacallao. Ter o mando ou dirixir algunha cousa.

  • Cortar o nó gordiano. Vencer dificultades.

  • Cortar o sieiro/o aire coa fouce. 1 Ser orgulloso.

  • Cortar os dentes. Causar denteira.

  • Cortarlle a lingua a alguén. Aplícaselle a alguén cando non quere falar.

  • Cortarlle o traxe a alguén. Calumniar a alguén.

Conxugar
VERBO cortar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corto
cortas
corta
cortamos
cortades
cortan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortaba
cortabas
cortaba
cortabamos
cortabades
cortaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortei
cortaches
cortou
cortamos
cortastes
cortaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortara
cortaras
cortara
cortaramos
cortarades
cortaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortarei
cortarás
cortará
cortaremos
cortaredes
cortarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortaría
cortarías
cortaría
cortariamos
cortariades
cortarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corte
cortes
corte
cortemos
cortedes
corten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortase
cortases
cortase
cortasemos
cortasedes
cortasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortar
cortares
cortar
cortarmos
cortardes
cortaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
corta
-
-
cortade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cortar
cortares
cortar
cortarmos
cortardes
cortaren
Xerundio cortando
Participio cortado
cortada
cortados
cortadas