1 poder
(
-
Publicación editada na Coruña a partir de xuño de 1981. Funcionou como boletín local da Confederación Sindical Galega nesa cidade. De carácter reivindicativo e orientado aos sectores obreiros, amosou unha fonda preocupación polo problema do paro na comarca. Nas súas portadas apareceron algunhas ilustracións de Castelao.
-
v t
Ser capaz ou hábil para facer unha cousa.
Ex: Non podo resolver ese problema.
-
v t
Ter permiso, dereito ou liberdade para facer ou dicir algo.
Ex: Non podía ir, tíñao prohibido.
-
v i
Ter a forza física ou psíquica necesaria para facer algo.
Ex: Puido con todos os libros dunha vez.
-
v i
Ser capaz de vencer algo ou a alguén.
Ex: A ver se lle podo, aínda que é moi forte.
-
v i
Ter influencia ou dominio sobre algo ou alguén.
Ex: Pode moito neses círculos económicos.
- [DER]
-
s
m
Capacidade xurídica, legalmente escriturada e outorgada por mandato, que permite actuar en nome e a favor doutra persoa. OBS: Adoita empregarse en plural con sentido singular.
Ex: O teu avó aínda ten poder para levar ao lombo o saco de patacas. O poder do vento levantou o tellado.
-
cuarto poder
[COMUN]
Forza ou vigor.
-
poder espiritual
[RELIX]
-
s
m
Dominio legal ou efectivo que se ten sobre alguén ou algo.
Ex: O país foi sometido ao poder dos invasores. Ten poder para contratar a quen queira. As probas están en poder da policía.
-
s
m
Capacidade de influír sobre algo ou alguén.
Ex: Non teño poder sobre ela para convencela.
-
s
m
[ECON]
Dominio que unha persoa, un grupo ou un país ten sobre os bens e servizos de consumo ou sobre os factores produtivos, como os recursos naturais, a forza de traballo, a tecnoloxía ou o capital acumulado.
-
poder adquisitivo
[ECON]
Cantidade de bens ou servizos que se poden adquirir cunha determinada cantidade de diñeiro. Flutúa inversamente ás variacións que experimentan os prezos dos bens.
-
poder compensador
[ECON]
Reacción espontánea que as empresas ou grupos non oligopolistas, como por exemplo os consumidores ou os sindicatos, realizan para contrarrestar os efectos da actuación dos grupos ou empresas que controlan o mercado.
-
poder liberador
[ECON]
Facultade de liberar débedas que as autoridades monetarias conceden a determinados tipos de diñeiro.
-
s
m
-
poder temporal
[RELIX]
-
s
m
Conxunto de funcións da Administración Pública dispostas para ditar, executar e interpretar leis, dirixir a administración do benestar público e soster a orde pública. A súa concentración tradicional nunha soa persoa, poder absoluto, adoita dexenerar en despotismo e ditadura. Para evitar esta arbitrariedade, fixéronse diversas clasificacións. Nos países democráticos estableceuse a división de poderes entre poder lexislativo, órgano encargado de facer e discutir as leis, ou parlamento; poder executivo, encargado de executar as leis, ou goberno; e poder xudicial, encargado de sancionar cando non se cumpren as leis, ou tribunais.
-
s
m
Conxunto de forzas dun estado, especialmente as militares.
-
poder moderador
Xefe de estado nos réximes pluripartidistas que, situado por riba dos partidos e dos gobernos e como símbolo da unidade dos poderes executivo, lexislativo e xudicial, regula a vida política de acordo coa expresión da vontade electoral.
-
s
m
Goberno dun estado.
Ex: Chegou ao poder tras gañar as eleccións.
-
s
m
-
-
Capacidade xurídica, legalmente escriturada e outorgada por mandato, que permite actuar en nome e a favor doutra persoa. OBS: Adoita empregarse en plural con sentido singular.
-
Instrumento ou acta en que consta este dereito.
-
Frases feitas
-
A/Ata máis non poder loc adv Que fai todo o posible. Ex: Estudou ata máis non poder.
-
Non poder con. Non ser capaz de dominar algo ou a alguén. Ex: Non podo con ese neno.
-
Non poder máis. Estar moi canso.
-
Pode/Poida que. Indica posibilidade ou dúbida.
-
Poder + inf Perífrase verbal que indica posibilidade. Ex: Pode chover ou pode nevar.
-
Non poder ver a alguén. Odiar a alguén. Ex: Non me fales dela que non a podo ver.
Refráns
- A máis non poder, déitase Pedro coa súa muller.
- Non todos podemos o que queremos.
- O que non pode un, pódeno moitos.
- O que non pode, sempre quere.
- O que pode e non quere, cando queira, non poderá.
- Pode ben pouco o que non ameaza a outro.
- Quen máis non pode cos dentes acode.
- Quen máis non pode, co seu mal morreo
- Quen pode e non quere, cando quere non pode.
- Quen pode o máis, pode o menos.
- Quen pode, ao muiño vai e moe.
- Quen pode, puxa e o que non pode, tarruxa.
- Quen pode, puxa.
- Quen pode, puxa; e o que non, tarruxa.
- Se non podes o que queres, fai o que puideres; se puideres, fai o que quixeres e, se non, fai o que puideres.
Palabras veciñas
podente | Podente, pazo de | Podentes | 1 poder | 1 poder | 2 poder | Poder ObreiroIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pOdo
pOdes
pOde
podemos
podedes
pOden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles podía
podías
podía
podiamos
podiades
podían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles puiden
puidEches
puido
puidEmos
puidEstes
puidEron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles puidEra
puidEras
puidEra
puideramos
puiderades
puidEran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles poderei
poderás
poderá
poderemos
poderedes
poderán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles podería
poderías
podería
poderiamos
poderiades
poderían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles poida
poidas
poida
poidamos
poidades
poidan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles puidEse
puidEses
puidEse
puidesemos
puidesedes
puidEsen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles puidEr
puidEres
puidEr
puidErmos
puidErdes
puidEren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
pode
-
-
podede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles poder
poderes
poder
podermos
poderdes
poderen
podida
podidos
podidas