1 poder

1 poder

(< latpotēre)

  1. Ser capaz ou hábil para facer unha cousa.

    Ex: Non podo resolver ese problema. 

  2. Ter permiso, dereito ou liberdade para facer ou dicir algo.

    Ex: Non podía ir, tíñao prohibido. 

  3. Ter a forza física ou psíquica necesaria para facer algo.

    Ex: Puido con todos os libros dunha vez. 

  4. Ser capaz de vencer algo ou a alguén.

    Ex: A ver se lle podo, aínda que é moi forte. 

  5. Ter influencia ou dominio sobre algo ou alguén.

    Ex: Pode moito neses círculos económicos.

Frases feitas

  • A/Ata máis non poder loc adv Que fai todo o posible. Ex: Estudou ata máis non poder.

  • Non poder con. Non ser capaz de dominar algo ou a alguén. Ex: Non podo con ese neno.

  • Non poder máis. Estar moi canso.

  • Pode/Poida que. Indica posibilidade ou dúbida.

  • Poder + inf Perífrase verbal que indica posibilidade. Ex: Pode chover ou pode nevar.

  • Non poder ver a alguén. Odiar a alguén. Ex: Non me fales dela que non a podo ver.

Palabras veciñas

Podente, pazo de | Podentes | 1 poder | 1 poder | 2 poder | Poder Obreiro | poderío