pois

pois

(< lat post)

  1. conx

    Indica causa ou motivo.

    Ex: Non podo, pois levo présa.

    Sinónimos: porque.
  2. conx

    Introduce a consecuencia ou conclusión do dito anteriormente.

    Ex: Suspendeu a primeira proba, pois non pode presentarse á segunda. OBS: En inicio de frase aparece coa forma así pois.

  3. conx

    Recolle, a modo de resumo, todo o dito anteriormente, ou serve para reforzar o que se di.

    Ex: Pois, como ben dicía, xa non era tempo para facelo.

Frases feitas

  • Pois ben. Expresa conclusión.

  • Pois claro. Expresa asentimento.