Rijswijk, Tratado de

Rijswijk, Tratado de

Tratado de paz asinado en 1697 na cidade neerlandesa de Rijswijk, que puxo fin aos enfrontamentos entre os países da Liga de Augsburgo e Luís XIV de Francia. Este, que quería asegurar a candidatura francesa na sucesión de Carlos II á coroa española, devolveu todas as conquistas feitas nos Países Baixos. Recoñeceu como rei de Inglaterra a Guillerme III, devolvéndose ambos as conquistas mutuas e restablecendo a liberdade de comercio e navegación entre os seus súbditos. Francia conservou as súas mellores adquisicións, recuperou a baía de Hudson e mantivo íntegro o seu imperio colonial.

Palabras veciñas

Rijeka | Rijksmuseum | Rijn, Harmensz van | Rijswijk, Tratado de | Rikov, Aleksej Ivanovič | riksml* | ril