Rijksmuseum

Rijksmuseum

Museo de arte situado en Amsterdam, que tivo a súa orixe no museo real creado por Luís I de Holanda (Luís Napoleón Bonaparte) en 1808. Tivo diversas sedes ata que foi inaugurado en 1885 un edificio creado en estilo neogótico por P. J. H. Cuypers. Destaca a colección de arte holandesa do s XVII, con obras de Rembrandt, Vermeer ou Pieter de Hooch, a sección de artes industriais, principalmente de cerámica e mobiliario e o Rijksprentenkabinet (Gabinete de Gravados).