romper

romper

(

  1. v t
    1. Dividir unha cousa en anacos máis pequenos.

      Ex: Rompeu o prato. Caeu e rompeu un brazo.

      Sinónimos: partir.
    2. Facer nunha cousa unha abertura ou un buraco.

      Ex: Sempre rompe os zapatos polo mesmo sitio. Rompeu a camisa no arame.

  2. v t

    Facer cesar a continuidade dun estado, un proceso ou unha relación.

    Ex: Romperon as negociacións co sindicato.

  3. v t

    Interromper a continuidade dun corpo fluído ao atravesalo.

    Ex: O iate rompía as ondas.

  4. v t

    Labrar por primeira vez unha terra para poñela en cultivo.

    Ex: Rompeu o monte para botar centeo.

  5. v t

    Desfacer unha fila as persoas que a forman. OBS: Xeralmente emprégase na expresión militar rompan filas.

  6. v i
    1. Quedar unha cousa en anacos máis pequenos.

      Ex: O xoguete rompeu ao caer. A póla rompeu co vento.

      Sinónimos: partir.
    2. Quedar unha cousa separada por unha abertura.

      Ex: Rompeulle o pantalón nunha perna.

  7. v i

    Interromperse ou anularse un proceso, un estado ou unha relación.

    Ex: Onte rompeu co mozo.

  8. v i

    Comezar a saír algunha cousa por algún sitio sobre o que se abre paso.

    Ex: A auga rompeu pola presa e inundou os prados.

  9. v i

    Comezar a agromar unha planta.

    Ex: As flores rompen coa chegada da primavera

  10. v i

    Desfacerse as ondas do mar en escuma ao bater contra algunha cousa.

    Ex: As ondas rompen no peirao.

Frases feitas

  • 2 Causar molestia a alguén.

  • Romper a + infinitivo. Indica o comezo da acción que expresa o infinitivo.

  • Romper a cabeza 1 Facer un grande esforzo.

Conxugar
VERBO romper
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rompo
rompes
rompe
rompemos
rompedes
rompen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rompía
rompías
rompía
rompiamos
rompiades
rompían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rompín
rompiches
rompeu
rompemos
rompestes
romperon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rompera
romperas
rompera
romperamos
romperades
romperan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
romperei
romperás
romperá
romperemos
romperedes
romperán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rompería
romperías
rompería
romperiamos
romperiades
romperían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rompa
rompas
rompa
rompamos
rompades
rompan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rompese
rompeses
rompese
rompesemos
rompesedes
rompesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
romper
romperes
romper
rompermos
romperdes
romperen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
rompe
-
-
rompede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
romper
romperes
romper
rompermos
romperdes
romperen
Xerundio rompendo
Participio roto/rompido
rota/rompida
rotos/rompidos
rotas/rompidas