Salvador, capela do ou capela do Ciprés

Salvador, capela do ou capela do Ciprés

Capela situada en Samos. Construída no s X, puido ser orixinariamente a capela dun cemiterio ou parte dun mosteiro ou oratorio. Para a construción empregouse a cachotaría de lousa agás no lintel da fiestra xeminada do testeiro, onde se usou o granito. A súa planta é trapezoidal cunha nave e cabeceira. No interior, accédese ao presbiterio a través dun arco triunfal estreito que remata nunha rosca de perfil irregular que semella pecharse en ferradura. No exterior destaca a porta meridional, rematada nun arco que tende á ferradura.

Palabras veciñas

Salvador de Horta, san | Salvador i Gimeno, Carles | Salvador ou Bahia | Salvador, capela do ou capela do Ciprés | Salvador, El | salvadoráceo -a | salvadoreño -na