Sanseverino
Liñaxe feudal, unha das sete máis importantes do Reino de Nápoles polos grandes feudos que reuniu e polos personaxes ilustres que deu. Ten por xenearca ao normando Turgisio, compañeiro (1045) de Robert d’Hauteville, conde de Puglia-Calabria, que lle deu a señoría de Sanseverino. En 1463 formáronse as dúas grandes liñas da liñaxe: a liña primoxénita dos condes de Marisco e príncipes de Salerno, que se extinguiu á morte de Ferrante de Sanseverino (1507-1568), e a liña dos condes de Tricarico e príncipes de Bisignano, que extinguida en 1606 pasou á rama dos condes de Saponara, que se extinguiu en 1888. Por graza real os títulos foron herdados polos descendentes da filla do derradeiro príncipe de Bisignano, que pasaron a apelidarse Costa-Sanseverino.