Sansón
Sansón
[ONOM]
Antropónimo masculino que provén do hebreo, diminutivo de shamash ‘sol’, polo tanto ‘pequeno sol’ ou ben ‘fillo do sol’. Chegou ao galego a través do grego Samsón e do latín Samson ou Sampson. A Biblia di realmente Simsôn, pero como o texto orixinal non escribía as vogais, a restauración da vogal por i considérase errada.