Sanseviera

Sanseviera
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das agaváceas, acaules e rizomatosas, ou ás veces arborescentes, de follas grosas, ensiformes, de flores brancas ou rosadas, dispostas en acio, e de froitos baciformes. Consta dunhas 50 especies, que habitan en África e Asia tropical. Empréganse como fibras téxtiles e en xardinaría.