Sansón
Sansón
[RELIX]
Último dos sete xuíces de Israel, foi o heroe nacional da loita contra os filisteos. Consagrado nazareno, despois de confiar a Dalila o segredo da súa forza, que residía nos seus cabelos longos, foi rapado e entregado por esta aos filisteos, que o cegaron e o encarceraron. Durante unha festa derribou o templo de Dagon, onde perdeu a vida xunto coa de milleiros dos seus inimigos.