Saturno
Saturno
[ONOM]
Antropónimo masculino que provén do nome dun deus itálico que, por etimoloxía popular, os romanos derivaban de satur ‘farto’ ou de satum ‘sementado’, e que despois acabaron identificando co Cronos grego que devoraba os seus fillos. Con todo, a etimoloxía parece que hai que buscala nunha antiga raíz *xhâtra ‘rei’, ‘dominador’, de onde viría a palabra sátrapa e o nome deste deus en etrusco, Satre, que significaría ‘señor’, ‘rei’. Curiosamente tamén o Cronos grego se relaciona co verbo kraíno ‘reinar’, ‘dominar’.