Saturno
Saturno
[MIT]
Antiga divindade latina. O seu culto non tivo moita difusión fóra de Roma, cidade onde posúe un só templo situado no cantón occidental do foro, aos pés do Capitolio. Este feito débese, probablemente, ao esquecemento en que caeu o deus cando a súa figura se fusionou coa de Cronos. A difusión da astroloxía babilónica contribuíu a darlle un aspecto astral, identificándoo cun planeta homónimo. Realizábanselle sacrificios coa cabeza descuberta e coroado.