Saturno
Programa de foguetes espaciais estadounidenses que comprende os modelos Saturno 1, Saturno 1B e Saturno 5, que se iniciou en 1959. O Saturno 1 foi un foguete de ensaio tecnolóxico de dous tramos, con propulsores H-1, de osíxeno líquido e queroseno. Os tres últimos lanzamentos dunha serie de 10 serviron para poñer en órbita os satélites Pegasus, de detección e cómputo de micrometeoritos. Os modelos Saturno 1B foron versións melloradas dos anteriores e co segundo tramo propulsado cos motores J-2, de osíxeno-hidróxeno líquidos. Os Saturnos 1B serviron para ensaiar as naves Apollo e poñer a punto elementos do foguete iniciados en 1966. O Saturno 5 posibilitou a chegada do home á Lúa. O primeiro lanzamento tivo lugar cara a finais de 1967 para satelizar a estación orbital Skylab.